Pon o verde na túa vida
En Dixardín queremos achegar a natureza ás persoas e facer das contornas urbanas, lugares máis naturais, facer que o verde se infiltre nas nosas vidas cotiás.
Dixardín é unha empresa de xardinería, e tamén, un estilo de vida no que as persoas e a natureza conviven e comparten avanzando cara á sostibilidade.
Traballamos para empresas, institucións, concellos ou particulares tanto en grandes como en pequenos proxectos.
Adaptámonos ás necesidades de cada cliente.


Deseño
Encargámonos de crear un deseño a medida en función das túas necesidades...

Mantemento
Se xa dispós dunha zona verde pero non tes tempo, facémosche un estudo personalizado...

Colaboración
Asesoramos a empresas e negocios para axudarlles a vestir de verde os seus proxectos...

Asesoramento
Se xa tes plantas e desexas ter máis, axudámosche a escoller a mellor opción...

Hortos
Apoiamos a idea de encher as cidades de verde mediante xardíns...

Educación ambiental
Poñemos á túa disposición recursos educativos para educar en valores ambientais.